Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR imponse no derbi contra o BM Chapela

464103030_1067548842046709_1115202990885437995_n

Foto de Patry Rivas

A SAR OP Mobility protagonizou unha vitoria contundente este sábado 19 de outubro no Pavillón Municipal de A Bomboneira no derbi redondelán de Primeira Autonómica fronte ao Balonmán Chapela.

O equipo anfitrión mostrouse superior desde o comezo, explican en redes sociais que “logrando impoñer un ritmo de xogo moi rápido e eficaz, baseado na súa capacidade para saír ao contraataque”. Esta estratexia permitiulles abrir unha ampla vantaxe no marcador que controlaron ao longo de todo o partido, finalizando cun marcador claro de 34-17 ao seu favor.

Pola súa banda, dende o club de Chapela describían o partido en Facebook como un “mal encontro do sénior masculino fronte á SAR. Con moitas imprecisións, defensa frouxa e un ataque con demasiadas individualidades” que os levou a derrota avultada.

Nestes momentos o equipo SAR OP Mobility atópase de líder na clasificación xeral, con tres partidos gañados nas tres xornadas que van de liga, e a próxima xornada desprázanse ata A Coruña para medirse ao BM Liña 21. Pola súa banda, o BM Chapela atópase de noveno, cunha vitoria, e o próximo fin de semana recibe no Pavillón Municipal Manuel González Soto ao Balonmán Loriga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará