Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova edición da Escola de familias para abordar os desafíos no ámbito familiar

escola de familias

Foto: Participantes en edicións anteriores

A Escola de Familias de Redondela celebra a súa IV edición co obxecto de servir de punto de encontro no que nais, pais e mestres poidan compartir vivencias, experiencias e problemáticas así como aprender técnicas e ferramentas para empregar no seu camiño de educar a nenas, nenos e adolescentes. As actividades desenvolveranse os xoves, cunha sesións mensual en horario de 17:30 a 19:30 no CEIP de Laredo en Chapela. A primeira das citas será este xoves 24 e en todas as sesións contarase con servizo de Kanguraxe.

Unha proposta que está aberta a familias de todo o municipio que busquen ferramentas para mellorar a súa relación cos menores, tal e como explicaba unha das impulsoras desta Escola de Familias, Patri Do Camiño.

A presentación da Escola de Familias será este xoves, 24 de outubro, cunha temática centrada na autonomía dos menores. “Construíndo autonomía. Como axudar a crecer?” é o título desta primeria sesión na que se falará de sobreprotección, de independencia e de como acompañar aos cativos para que sexan quen de ir asumindo responsabilidades e guíalos para que medren na súa autonomía.

As sesións buscan ser “unha experiencia vivencial, onde ninguén ensine a ninguén senón que se compartan experiencias que nos servan para buscar solucións”. Neste sentido Patri do Camiño valora que os e as participantes sempre estean dispostos a poñer en común as súas vivencias persoais.

A Escola de Familias desenvolveranse ao longo de todo o curso, un xoves ao mes. As actividades son de balde e precisan inscrición previa. Poden facelo no teléfono 610016109 ou a través das redes sociais cun código QR. Tamén neste enlace.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará