Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de veciños de Chapela celebra o seu magosto popular

magosto chapela

O Multiúsos do Piñeiral do Crego é o espazo elixido para desenvolver esta actividade que terá lguar a partir das 17:00 horas do sábado e na que, ademais de castañas, haberá música e propostas para o público infantil co espectáculo “Ciencia que alimenta”.

A xornada arrancará ás 17:00 horas cun espectáculo familiar a cargo de “Roto e descosida” que leva por título Ciencia que alimenta con Carlos Godoy e Cacilia Vázquez. Unha representación con contidos científicos que busca divulgar a ciencia coa imaxe potenciando a observación e os outros sentidos a través do tacto, o olfato… A obra abrangue unha sucesión de experimentos ou demostracións dalgún concepto da ciencia que son realizados pro dúas personaxes: un profesor científico e o seu axudante. Unha comedia dirixida a todas as idades.

Na mesma tarde haberá castañas asadas, choripán e bebidas ademais da actuación do grupo folclórico Froles Mareliñas. A xornada rematará cunha sesión Dj con Dorman a partir das 22:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará