Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O testamento vital, un documento fundamental para decidir sobre o final das nosas vidas

testamento vital

A Casa da Cultura acolle na xornada de hoxe mércores ás 20:00 horas unha charla baixo o título “Testamento vital, os nosos dereitos sanitarios”. A charla contará coa intervención de Isabel Blanco Domínguez e Dolores Pazo, médicas e integrantes da asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD Galicia). Organiza o Colectivo Republicano de Redondela.

A Asociación DMD naceu hai xa 40 anos e, malia recoñecer os grandes avances que se teñen dado nos últimos tempos, principalmente tras a aprobación da Lei da Eutanasia, tamén recoñecen que aínda queda moito por facer, sobre todo no que ten que ver a que se respecte o desexo de cada un “para elixir como queremos o final das nosas vidas e, sobre todo, o dereito a non sufrir e morrer con dignidade”.

Neste sentido, reclaman unha menor burocratización e maiores facilidades á hora de dar a coñecer o testamento vital. Un documento que vai servir para que cada persoa deixe por escrito como quere e  como non quere que sexa ese tramo final da vida. As veces, explica Blanco, a diferenza entre morrer ben ou mal depende de si coñecemos que dereitos sanitarios nos amparan e ter feito ese testamento vital

Lamenta que Galicia se atope na cola no número de persoas que formalizan estes desexos debido, en gran medida, a que a administración non está a realizar campañas de divulgación sobre o testamento vital “cando esta información debería estar dispoñible nos propios centro sanitarios”. En total tan só 17.400 galegos e galegas teñen feito este trámite, o que supón 5 de cada mil habitantes, persoas maioritariamente  en torno aos 65 anos. A decisión de formalizar este documento moitas veces está motivada tras vivir a morte dalgunha persoa próxima que padeceu un sufrimento innecesario ou por padecer algunha enfermidade que fai temer que ese momento final se aproxime.

O testamento vital é, en definitiva, unha ferramenta legal para deixar por escrito a vontade da persoa e que esta prevaleza, incluso cando a persoa non poida expresarse, sobre a atención médica que desexa, que tratamento aceptaríamos ou rexeitaríamos e pedir coidados paliativos, entre outras cuestións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará