Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy anima á veciñanza a participar no seu concurso fotográfico

foto obradoiro

Un ano máis a asociación cultural convoca o seu concurso fotográfico que chega xa a súa XIX edición. Un certame aberto a toda persoa que queira participar e que repartirá un total de 825 euros en premios. A temática é libre e os participantes poderán optar a diferentes premios en dúas categorías: xuvenil (menores de 17 anos) e adulto. O prazo de entrega remata o día 4 de novembro.

A obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes convoca un ano máis un concurso que busca incentivar a actividade fotográfica así como conseguir as mellores instantáneas e potenciar a súa difusión e coñecemento. Os premios repartiranse entre as dúas categorías convocadas, un premio xuvenil orientado a menores de ata 17 anos e a categoría de adultos para maiores desa idade. Tamén hai un premio especial á mellor fotografía dotado con 300 euros. As bases pódense consultar na páxina web do Obradoiro.

As fotos deberán seren inéditas e de temática libre. Poderán presentarse un máximo de 4 imaxes por participante que deberán ser enviadas obrigatoriamente en dous formatos: dixital e impresas. Estas últimas poden remitirse ao Círculo Cultural Deportivo de Cesantes (Estrada de Cesantes Nº28 CP 36693 Cesantes -Redondela). Tamén en persoa pódense entregar no Centro Cultural, na Farmacia Isabel Muiños en Cesantes. En Redondela nas tendas de fotografía, Cal-3 e Sandra Bastos así como no Edificio Multiusos da Xunqueira. As fotografías en formato dixital poderán enviarse por email ao correo do Obradoiro (obradoiro@estudoslocais.org).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará