O recinto da antiga feira do gando de Redondela acolle este sábado 26 de outubro a partir das 19:00 horas a II edición do Antifest con entrada de balde e recollida de alimentos non perecedoiros que organiza a peña Chokoslovakos. Actuarán os grupos Los Bóvidos, Los Ásperos, Ardora e Dioivo.
Música rock nun cita que ten tamén un carácter solidario xa que os asistentes non terán que pagar entrada e, pola contra, están convidados a levar alimentos non perecedoiros que serán entregados a diferentes asociacións da contorna para que os repartan entre aqueles que os precisen. Hugo Pazos forma parte de Chokolosvakos.
A organización confía en superar as 400 persoas que conseguiron reunir o ano pasado e incrementar tamén o número de kilos da recollida de alimentos nun evento que conta coa colaboración da Deputación, do Concello e de diferentes casas comerciais de Redondela.