Trátase de dous romaneses que se levaran do establecemento xoias por valor de 16.000 euros. Foron detidos pola Policía Nacional xunto a un terceiro ladrón logo de cometer un novo furto nun local en Vigo
A Policía Nacional ven de deter a tres mozos de nacionalidade romanesa pola súa participación en diversos furtos, un deles cometido o venres 20 na xoiería Angel Nogueira na rúa Ribeira, establecemento que foi vítima dun furto por descoido na tarde do pasado venres e de onde os implicados leváronse dous mostrarios de xoias por valor de 16.000 euros.
A detencións destes individuos, de 52, 34 e 21 anos de idade, producise en Vigo o pasado martes, cando procedían a cometer outro delito nesta caso no interior dunha ferretería na rúa Ronda Don Bosco en Vigo
Unha dotación da Policía Nacional procedeu á súa detención logo de comprobar que portaban nun vehículo furtado do local así como sete pares de gafas de sol de coñecidas marcas comerciais que foran subtraídas dunha óptima na rúa Camelias.
A investigación posterior permitiu desenvolver que dous dos detidos foran os presuntos autores do furto de xoias na rúa Ribeira así como noutros locais da comarca.
Os detidos pasaron xa a disposición xudicial