Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Retiradas as árbores en mal estado e que corrían risco de caída na Alameda

alameda 1

Fotos: Fon Conde

O goberno local anunciaba a semana pasada que “o mal estado de tres exemplares – dous cipreses e un abeto- obrigaba a súa talla ante o risco de caída”. Unha empresa especializada foi a encargada de realizar o traballo. As árbores serán substituída por outras que se adapten a Alameda de Castelao.

A decisión de proceder á retirada destas tres árbores chegou logo dos informes técnicos, tanto o  elaborado pola Estación Fitopatolóxica Areeiro, da Deputación de Pontevedra, como o estudo biomecánico e fisiolóxico realizado por unha empresa especializada, que establecían que estes tres exemplares presentaban danos severos na súa estrutura o que aumentaba o risco de colapso.

Os mesmos informes establecían que “desde o punto de vista da seguridade das persoas, debido aos graves defectos detectados nestes tres exemplares, recoméndase a tala” para garantir a seguridade e evitar o risco que a caída destas árbores podería provocar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará