Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local de Soutomaior vive o Samaín

samain souto comercio4

Os comerciantes da localidade, animados polo concurso posto en marcha dende o Concello e que premiará aos dous locais mellor engalanados co gallo da celebración do samaín, visten estes días os seus escaparates con bruxas, esqueletos, cabazas e caveiras. A iniciativa, enmarcada dentro da campaña Eu Quero Local, ten como obxectivo promocionar os comercios e negocios de Soutomaior.

Trátase dunha iniciativa que busca que as rúas e prazas estean vivas, convertendo Soutomaior nun lugar máxico onde sentir o espírito da tradición do Samaín. Como xa acontecera o ano pasado, son moitos os e as que se suman a esta proposta que terá dous gañadores unha vez que o xurado visite todas esas tendas e comercios de todo tipo que xa teñen os seus negocios decorados para a ocasión.

A concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, celebrou a participación do comercio local nesta iniciativa e convidou “a todos os comercios e establecementos de hostalería a sumarse as vindeiras iniciativas que o goberno local desenvolva no marco de ‘Eu Quero Local’, co fin de dar visibilidade e da posta en valor da inmensa riqueza humana e social coa que conta Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará