Foto da SAR de Patry Rivas
A SAR OP Mobility, en Primeira Autonómica, sufriu este fin de semana a súa primeira derrota da liga ante o BM Línea21 Lignum Plus. Durante a primeira metade, unha xestión defensiva irregular permitiu ao equipo anfitrión capitalizar os erros e abrir unha brecha no marcador, chegando ao descanso cunha vantaxe de 20-16. Na segunda metada, mostraron unha notable reacción, axustando a defensa e logrando estreitar o marcador (29-28). Con todo, nos últimos minutos, unha serie de imprecisións e fallos cara portería impediron que os s mozos da SAR concretaran a remontada e o partido finalizou cun 33-31 a favor do equipo anfitrión.
Desta forma deixan de liderar a categoría, pero mantéñense de terceiros con seis puntos e empatados co Valinox Novás B. A próxima xornada reciben na Bomboneira ao Bueu Atlético BM, terceiros pola cola na táboa xeral e unha boa oportunidade de seguir sumando puntos.
Os mozos do BM Chapela, na mesma liga, tiveron un encontro moi emocionante e intenso na no Pavillón Municipal Manuel González soto contra o Balonmán Loriga. Tiveron momentos de alternancias no marcador, pero rematou cunha vitoria pola mínima dos locais cun resultado de 28-27.
Desta forma suben un escalafón e sitúanse de sétimos, na metade da táboa. A próxima xornada visitan ao Grove, novenos na clasificación xeral.