Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derbi redondelán entre o Arealonga e o Redondela en Preferente FS

Foto-portada-quktr757oh4yp89mrgd6oahraymmkpivht9mtu1fuw

O fútbol sala local deixou un fin de semana de vitorias para os equipos das distintas categorías e agora prepáranse para os seguintes enfrontamentos. Durante a próxima xornada destaca o derbi redondelán que enfrontará ao Arealonga FS contra o Redondela FS. Os de Chapela acaban de estrearse na categoría e o seu obxectivo é a permanencia en Preferente.

AREALONGA FS  CHAPELA – A.D.I. VIANARIÑO F.S.  (5-3)

O Arealonga FS  Chapela sumou o pasado domingo a súa segunda vitoria en Preferente contra o ADI Vianariño, cun resultado de 5 fronte a 3. Moi bo marcador, tendo en conta que acaban de estrearse na categoría e o rival sitúase de segundo na táboa xeral.  Os de Vázquez Figueroa romperon a racha de catro derrotas consecutivas con este emocionante partido na casa, no Pavillón Municipal Manuel González Soto de Chapela. Conseguiron remontar o  0-3 inicial dos visitantes nun pavillón con gran afluencia de público. Hugo Boente, capitán do equipo, explica que o obxectivo desta tempada é a permanencia e loitarán por conseguilo.

Boente tamén sinala as lesións que están lastrando o equipo. Varios xogadores están recuperándose de “danos leves” e esperan que poidan volver á pista en dúas semanas.

“Quen queira animarse a probar no equipo, sempre é benvido”, Hugo Boente.

Una merecida vitoria que dá un impulso ao Arealonga para enfrontarse ao Redondela FS na próxima xornada. Un partido que o capitán explica “será complicado e emocionante, polo nivel dos de Redondela” que teñen moita experiencia na categoría. Pola súa banda, O Redondela Rodavigo mantense de quinto na táboa gracias á vitoria contra o Gondomar da xornada pasada.

O próximo domingo 3 de novembro temos derbi, o Redondela FS recibe ao Arealonga no Pavillón Municipal de A Marisma.

RESULTADOS FÚTBOL SALA LOCAL

Os equipos locais das distintas categorías e ligas do fútbol sala conseguiron un pleno de vitorias esta fin de semana e levar á casa todos os puntos da xornada no seu percorrido durante esta primeira metade da tempada.

Terceira División Nacional

S.D. PAZOS DE BORBEN FS –  SALA OURENSE 2014 (5-4)

Os de Cernadas mantéñense de quintos despois da vitoria na casa contra o Sala Ourense 2014. Un partido que os devolve a senda da vitoria tras dúas derrotas consecutivas. Un enfrontamento épico que rematou en vitoria gracias ao gol de Jacobo de libre directo e a falta de 22 segundos cando a situación non era a mellor para os anfitrións. No final do partido tiñan un xogador menos tras unha polémica expulsión de Luis e parecía que estaban sentenciados ao empate. Sen embargo, conseguiron quedar cos tres puntos. Para a semana visitan á pista do Cidade de Narón .

Dende o corpo técnico destacan novamente a “pésima actuación do colexiado” , esta vez nun partido sinxelo de arbitrar que din “eles mesmos se encargaron de complicar” .

Goleadores:  Eloy (2) , Martin, Jacobo e Luis .

Preferente Futgal, 2

S.D. ABETOS GONDOMAR F.S –  REDONDELA F.S. RODAVIGO  (3-4)

Vitoria do Redondela Rodavigo que mantense de quintos na táboa gracias aos dous últimos partidos gañados e despois dunha mala racha de tres vitorias consecutivas en anteriores convocatorias. A próxima xornada hai derbi redondelán, reciben ao Arealonga FS Chapela.

Goleadores: Alejandro, Óscar, Iker e Juan.

BALONA LINENSE FS – PASTELERIA CANELA – CAMPITO CHAPELA FS (1-6)

O Campito Chapela logra sumar tres puntos gracias á vitoria ampla que recolleu na súa visita ao Balona Linense no Pavillón Colegio Apostol de Vigo. Desta forma afástanse dos últimos postos e colócanse de décimo segundos con 8 puntos e dúas vitorias.  A próxima xornada reciben ao Pizarras los Tres Cuñados FS, sétimos na liga.

Goleadores: Rodrigo, Anxo (3), Pedro, Óscar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará