Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco volve á senda da vitoria

WhatsApp Image 2024-10-28 at 18.28.59

O CD Choco suma tres merecidos e esperados puntos na casa contra o CD Moaña. Cumpriu desta forma, no Campo de Santa Mariña, co obxectivo de volver á senda da vitoria.

C.D. CHOCO – CD MOAÑA (3-1)

O partido empezou con moita igualdade entre ambos os conxuntos. Con todo, aínda que os locais dispoñían no comezo do partido de boas ocasións para adiantarse no marcador, o primeiro gol foi para o Moaña. Despois do descanso, na segunda metade os choqueiros entraron con forza e recuperaron o liderado deixando un marcador de 3 fronte a 1. O goleador absoluto foi Jonas Caride.

Desta forma, sitúanse de 13 na táboa xeral con oito xornadas xogadas, tres vitorias, un empate e catro derrotas. A próxima xornada visitan ao Club Rápido de Bouzas, pechacancelas do grupo en Preferente.

Goleador: Jonas Caride (49’, no 71’ e no 88’).

Primeira Futgal,  grupo 5

C.D. SOUTOMAIOR – CALDAS CF (1-2)

Derrota do Soutomaior na casa fronte ao Caldas , Con 8 xornadas xogadas acumulan 9 puntos e dúas vitorias, 3 empates e 3 derrotas. Están facendo moi bo comezo de tempada, a pesar de estar estreándose na categoría.  O próximo domingo visitan ao CD unión, segundo na táboa.

Goleador: Ricardo Agulla (12’)

SAN MARTÍN C.F. – C.D. ARCADE (0-0).

Empate a cero do Arcade na súa visita ao San Martín no Campo Municipal de Vilagarcía de Arousa. Este é o primeiro empate da tempada e con este resultado mantéñense de quintos na clasificación con 13 puntos e catro vitorias. A próxima xornada reciben ao Unión Dena CF, pechacancelas do grupo.

Segunda Galicia, Vigo

C.D. ATLETICO VILLAR- U.D. RIBERA  (1-1)

Empate  do Atletico Villar na casa, no Campo do San Martín contra o UD Ribera . Con este resultado sunman un punto e sitúanse de décimos nunha moi boa primeira metade de tempada tendo en conta que se etrean na categoría. O próximo domingo visitan ao CD nPontellas, pechacancelas do grupo.

Goleador: Diego Pérez ( 40’).

Terceira futgal, Pontevedra, grupo 1   

C.D. CESANTES – RÁPIDO BAHIA CF (2-1)

Vitoria do Cesantes na casa, nun partido emocionante no que o rival dominou a primeira metade e mantivo o marcador en 0 fronte a 1 ata o descanso. A partir da segunda parte o anfitrión dominou o Campo de A Gandara cun gol de Alex Rubiñan no minuto 46’ que daba o empate. Aguantaron a defensa e Roi darriba marcou o gol da vitoria no minuto 50’. A próxima xornada visitan o Figueirido CF, rival directo cun só punto máis que os de Cesantes que se situán de sextos con 11 puntos.

Goleadores: Roi e Alex

Terceira Galicia, Vigo 1

ALERTA SANGUIÑEDA  – CHAPELA C.F. (1-4)

O Chapela CF conseguiu sumar tres puntos no Campo municipal de San Paio (Porriño ) na súa visita ao Alerta Sanguiñeda. Con este resultaod sitúanse de décimos con 7 puntos.

Goleadores: Fabio (18’ e 44’ e 74’) e Alejandro Barreiro (87’).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará