Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un túnel do terror no Maceiras para “morrer de medo”

samain todos

A instalación, que consistirá nun tunel dun kilómetro de lonxitude ao longo da cal os participantes vivirán unha “experiencia intensa cargada de efectos terroríficos” é a principal novidade da programación do Samaín organizada polo Concello de Redondela na que se inclúen tamén obradoiros para os cativos, pasarrúas con Troula animación e visitas ao Cemiterio dos Eidos.

O edil de  xuventude, Iván Valles confía en que o bo tempo que se espera para mañá e a cada vez maior participación da  veciñanza faga desta proposta unha das máis atractivas para todas esas persoas que se animan a celebrar o Samaín. Será a partir das 18:30 horas de mañá con acceso dende o Salgueiral e saída a través da rúa do Muro. Os participantes interactuarán cun total de 16 actores que escenificarán diferentes situacións ao longo do percorrido, con sorpresas e desafíos a cada paso.

Unha festa que ten acadado unha enorme repercusión nos últimos anos e que se vive na rúa cos nenos e nenas facendo o “truco e trato” e tamén coas actividades organizadas directamente dende o concello como os obradoiros de maquillaxe e cabazas que van ter lugar nos mulitúsos de Chapela e a Xunquiera dende as cinco da tarde.

O pasarrúas de Troula achegará tamén novidades con xogos de luces e fogo que será todo un espectáculo que percorrerá o centro da vila a partir das 19:30 horas con saída dende a praza de Ribadavia.

A programación inclúe ademais a posibilidade de participar nunha visita guiada ao cemiterio dos Eidos, única das actividades que precisa de inscrición previa na Oficina de Turismo ou no teléfono 986401713.

Escolares de Redondela visitan o cemiterio do Eidos

Precisamente, achegar o patrimonio histórico, artístico e cultural da vila aos máis novos é o obxectivo dunha iniciativa da que participan máis de 150 alumnos dos centros de ensino de Redondela que están a realizar visitas guiadas ao Cemiterio dos Eidos. Visitas nas que coñecen, a través das explicacións da guía Soledad Chayán o valor deste espazo tanto pola súa historia como pola súa arquitectura e riqueza patrimonial.

Un camposanto onde destacan esculturas e panteóns con arquitectura neogótica e tumbas de persoeiros como os ex-alcaldes Ramón Pardo Ferro e Telmo Bernárdez Santomé, o procurador Francisco Crespo Rivas, o médico Alejandro Otero, e mesmo un heroe da batalla librada en Ponte Sampaio contra as tropas francesas en 1809, o alférez de navío John O’Dogherty. Tamén garda parte da Memoria Histórica da vila posto que hai unha fosa común cos restos de 42 represaliados da Guerra Civil española.

Na xornada de hoxe visitaron este cemiterio escolares do IES Floriani  e do CEIP Alexandre Bóveda de Chapela. Onte participaron desta visita guiada alumnos e alumnas do CEIP Reboreda e o IES Pedro Floriani.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará