Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A produción ecolóxica do Obradoiro de emprego chega a Cáritas

pousadouro

O alumnado da especialidade de xardinería e agricultura ecolóxica do obradoiro de emprego de Redondela entregou na xornada de onte a última colleita do ano a Cáritas Redondela. Allo porro, escarola, pementos e cabazas forman parte deste paquete de alimentos cultivados na horta de Pousadouro que a asociación repartirá agora entre aqueles que o necesiten.
Dende o pasado mes de xaneiro foron numerosas as entregas realizadas a Cáritas con diferentes produtos de tempada cultivados polos 10 alumnos deste especialidade. A primeira entrega do curso foi a principios de ano coa produción de 223 kilos de Kiwis.
En seguintes datas e sobre todo durante o verán, as entregas incrementáronse en periodicidade coincidindo coa época de maior produción da terra con produtos como tomates, leitugas, acelgas, cogombros, remolachas, tirabeques, xudías, cenoiras… froitas e vexetais cultivadas de xeito ecolóxico nesta finca de Reboreda.
Unha horta que, amais do carácter práctico que lle supón a este alumnado poder cultivar e traballar a terra seguindo as ensinanzas aprendidas no Obradoiro, ten un marcado carácter solidario xa que toda a produción é repartida entre as familias coas que colabora Cáritas.
A última das entregas tivo lugar onte coincidindo co peche do curso, a piques de rematar o Obradoiro de Emprego “Redondela Máis que Bela IV”. Unha completa producción integrada por 23 kilos de allo porro, 11,5 kilos de pementos de padrón e a mesma cantidade de pemento italiano, 118 unidades de escarola e 320 kilos de cabazas variadas.
Unha colaboración continuada en base a un convenio asinado entre o Concello e Cáritas-Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará