Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG alega contra a ampliación da Ponte de Rande

RR_Noticias

O grupo parlamentario do BNG comezou o curso político cunha alegación ó ministerio de Fomento. Esixen do seu responsable, José Blanco, que de respostas no próximo pleno sobre porqué o ministerio dá prioridade á ampliación da ponte de Rande fronte ás autovías A-57 ou A-59

Segundo explicou a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, o Bloque entende que é preciso poñer en riba da mesa un Plan de Mobilidade para a integración do territorio xa que a alternativa de Fomento non solucionará os problemas de tráfico no sur da provincia. Para os nacionalistas sería mellor “unha alternativa sen peaxe”, o que permitiría maiores aforros ós vehículos e eliminaría puntos que están a piques de saturarse, o que xera perigo na circulación. O BNG tamén recolle o impacto negativo da ampliación da AP-9 ó seu paso por Chapela, apoiando así as teses que se barallan en Redondela, contrarias totalmente a unha ampliación que afectará a unhas 200 vivendas e outras infraestruturas públicas. Tanto desde o Concello como o BNG consideran que a ampliación non é a mellor solución e optan porque Fomento retome o proxecto de autovía entre Vigo e Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará