Adif comezou as obras para mellorar os accesos dos pasexeiros coa elevación das plataformas. Os traballos tamén inclúen nova sinalización e melloras para as persoas con discapacidade, así como novos aseos adaptados.
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, comezou as obras de mellora na estación de Redondela, cun investimento de 265.000 euros. As obras consiste e elevar a altura das plataformas da estación ata os 68 centímetros sobre os carrís. Deste xeito nivelarase o acceso ós trens, facilitando a subida e baixada dos viaxeiros. Do mesmo xeito as plataformas pavimentaranse con formigón rematado en cuarzo vermello. Tamén se instalarán bandas de proximidade nas plataformas, formadas por baldosas con resalte para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade. Esta sinalización complétase cunha banda luminiscente. Outras melloras son a instalación dun novo paso antideslizante para peóns nas plataformas 2 e 3. Tamén se habilitarán novos aseos adaptados.