Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado de Soutomaior achégase á figura de Domingo Fontán

fontán

Matemático e cartógrafo, Fontán foi o impulsor da xeografía moderna en Galicia e a primeira persoa en elaborar un completo mapa do país, a súa Carta Xeográfica de Galicia. Unha figura que chega ao Instituto de Soutomaior a través dun documental do Servizo de Patrimonio da Deputación de Pontevedra.

A actividade consiste na proxección de “Fontán, o primeiro rostro de Galicia”, de 30 minutos de duración, que fai un percorrido pola historia e a xeografía galegas, incluíndo entrevistas de especialistas e nocións sinxelas de matemáticas e xeografía o que converte a peza nunha ferramenta didáctica atractiva e multidisciplinar. Rematada a proxección terá lugar un coloquio, de aproximadamente 60 minutos, para achegar á mocidade o proceso que levou a Domingo Fontán a poñer en marcha a Carta Xeométrica de Galicia (1845), o primeiro mapa topográfico e científico da nosa comunidade, considerado o traballo cartográfico rexional máis importante do século XIX.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará