A liga en Primeira Autonómica e Segunda Autonómica na que participan o Balonmán Chapela e As Choqueiras, respectivamente, deu comezo esta fin de semana e non deixou nunha vitoria para as nosas xogadoras. As mozas da SAR Rodavigo xa levan sete xornadas de liga en División de Honra Prata Feminina e tampouco lograron sumar ningún punto o sábado en Xixón.
División de Honra Prata Feminina
BALONMANO GIJON – SAR RODAVIGO (33-31)
As mozas de División Honra Prata Feminina da SAR desprazáronse ao pavillón “La Tejonera” onde caeron derrotadas contra o BM Gijón cun resultado axustado de 33 fronte a 31.
O partido comezou moi igualado para ambos equipos (12-12, 18’) e no momento do descanso as de Gijón lograron unha pequena vantaxe (19-16, 30’). Na segunda metade, as locais conseguiron distanciarse aínda máis alcanzando unha diferenza de 26-20. A pesar desta desvantaxe, as mozas da SAR non baixaron os brazos e loitaron ata o final. Lograron recortar a distancia nos últimos minutos do encontro (29-28, 48’), con todo, o esforzo non foi suficiente para culminar a remontada e o partido terminou cunha axustada derrota para nosas xogadoras.
Con sete xornadas de liga sitúanse de séetimas na clasificación xeral acumulando tres vitorias, un empate e tres derrotas. A próxima semana non haberá partido xa que o equipo rival foi suspendido da liga, pero volverán á competición o 16 de novembro cun enfrontamento contra o BM Sanse no Pavillón Municipal da Bomboneira.
Primeira Autonómica Feminina
CIES OBRA CIVIL BALONMAN CHAPELA – TAPERÍA DOS CHATA BM. CANGAS (21-34)
O equipo sénior feminino de Primeira Autonómica do Balonmán Chapela estrearon tempada na casa cunha derrota ante o Cangas e un resultado de 21 fronte a 34. A próxima xornada visitan ao Calvo Xiria.
Segunda Autonómica Feminina
BM. BRIGANTIUM NUNEGAL – AS CHOQUEIRAS PASTORIZA (43-37)
O equipo sénior das Choqueiras de Redondela non só estrearon tempada esta fin de semana, senón que debutaron como equipo na liga de Segunda Autonómica. O obxectivo do primeiro equipo sénior das Choqueiras é chegar pouco a pouco aos postos altos e van tentar loitar para conseguilo.