Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago do CAR entre a elite do atletismo galego

d8101ac6-e61f-463e-9beb-ec2dfb26c8a1

Foto de Gael Couñago, Ana Romasanta presidenta do CAR, Becker e o adestrador Javier Besada

O IFEVI de Vigo acolleu este sábado 2 de novembro a xornada de formación técnica de especialización de seguimento de Salto de Altura correspondente ao Programa Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD), organizada pola Federación Galega Atletismo, a Real Federación Española de Atletismo e baixo a colaboración da Xunta de Galicia. A esta xornada estiveron convidados tanto adestradores como atletas das categorías Sub16 e Sub18. Nesta última participaron oito atletas entre os que se atopaba o redondelán Gael Couñago (sub18) e o seu adestrador Javier Besada Vázquez do CAR.

Gael Couñago Romasanta é o actual campión galego de Salto de Altura conseguindo mellorar a súa marca persoal. Se o ano pasado alcanzaba os 1,85 metros, esta tempada superouse a si mesmo chegando aos 1,86 metros. O redondelán bateu a plusmarca e estableceu un novo récord a nivel galego.

A xornada estivo impartida polo exolímpico Gustavo Adolfo Becker Lasso e o obxectivo era que os atletas e adestradores puxeran en común os seus coñecementos e experiencias para mellorar e seguir evolucionando neste deporte. O evento deportivo foi unha petición por parte dos clubs galegos para establecer relacións entre os deportistas a nivel estatal.  Dende o CAR agradecen en especial a implicación do Delegado de Vigo da FGA, David Posada; do director técnico da FGA, David Ferrer e do Presidente da FGA, Iván Pablo Sanmartín, que apostaron e apoiaron esta sesión técnica dende o primeiro momento.

Presentación de Becker Lasso na xornada
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará