Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclama á Autoridade Portuaria protección para o antigo cargadoiro de mineral de Rande

coto wagner

O Concello rexeita o Plan de Delimitación de Espazos e Usos do Porto de Vigo (DEUP), e nas súas alegacións alerta da falta de protección tanto ambiental como patrimonial sobre unha zona especialmente sensible como é a Enseada de San Simón. Critican tamén dende o goberno local que as actividades que proxecta o Porto prexudicarían sectores “como a pesca artesanal e o marisqueo, que son sustentables e xeran riqueza no municipio”.

O Plan de Delimitación de Espazos e Usos do Porto de Vigo (DEUP) incumpre as esixencias do Ministerio para a Transición Ecolóxica en materia medioambiental. Así o determina o informe técnico do Concello de Redondela no que se alerta de que o plan do porto non recolle ningún tipo de avaliación ambiental sobre o impacto nunha zona especialmente sensible como é a Enseada de San Simón, espazo protexido pola Rede Natura 2000. Nas súas alegacións a este documento o Concello esixe que o Plan de Usos inclúa tamén os elementos que pertencen ao Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, así como o valor da contorna de Rande como referente do patrimonio histórico e industrial da ría. As alegacións presentadas advirten tamén que o porto debe ter en conta o Plan Especial de Protección da Paisaxe e das infraestruturas da mobilidade costeira recollido no PXOM aprobado inicialmente.

O Concello considera que o o plan do Porto “ignora as demandas deste municipio e a súa realidade patrimonial e ambiental, e non ten en consideración os criterios paisaxísticos, territoriais, culturais e socioeconómicos da zona” e advirte que as actividades que proxecta o Porto tamén prexudicarían sectores “como a pesca artesanal e o marisqueo, que son sustentables e xeran riqueza no municipio”.

Cargadoiro Coto Wagner

O Concello amosa tamén a súa disconformidade contra o uso do antigo cargadoiro de mineral de Rande para unha explotación industrial ou depósito de colectores. O cargadoiro Coto Wagner “é un ben cultural e industrial de Redondela que conta co recoñecemento de Patrimonio tanto da Xunta como do Estado, e este Concello vaise opoñer frontalmente a calquera uso deste espazo litoral que non pase pola súa recuperación” advirte a alcaldesa, Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará