Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea súmanse ás tarefas de axuda en Valencia

DSC03507

Este martes pola noite 6 integrantes da agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea, que presta servizo en Soutomaior, partiron cara a Valencia co obxectivo de participar no dispositivo de axuda nas zonas afectadas pola DINA da pasada semana. En concreto, Oitavén-Tea levará a cabo tarefas de limpeza e arrastre de cascallos no termo municipal de Massanassa.

As e osintegrantes da agrupación desprazáronse xunto con outros nove efectivos das agrupacións de Protección de Valga e de Cangas. Os voluntarios traballarán en quendas de 72 horas, despois das cales regresaran, tal e como establece o protocolo sanitario activado polo risco de posibles infeccións e afectacións.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, quen onte mantivo na base de Protección Civil en Soutomaior un encontro con parte dos voluntarios que se desprazaron ata Valencia, sinalou que o Concello puxo a disposición da agrupación Oitavén-Tea o material técnico necesario para desenvolver as tarefas que se lle encomenden, tal e como solicitan desde a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP).

Así, os seis efectivos de Protección Civil Oitavén-Tea levaron consigo un xerador de electricidade, alargadeiras e regretas, focos e elementos de sinalización, palas, escobóns, mazas, machadas, garrafas de gasolina, extintores, cableado e ferramenta variada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará