Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca do Piñeiral acolle a presentación do libro sobre a toponimia de Chapela

chapela

O acto terá lugar este venres 8 ás 20:00 horas nas instalacións do Piñeiral do Crego e no mesmo participarán a filóloga e autora do texto, María Pol, e a alcaldesa Digna Rivas. Haberá reparto de exemplares entre os asistentes.

O libro realiza un exhaustivo estudo dos topónimos e microtoponimos desta parroquia. Recóllense e clasifícanse máis de 260 nomes de camiños, lugares, fontes, ríos, lavadoiros, regos ou pontes… Un traballo a cargo de María Pol López, encargada de categorizar e dar unha explicación filolóxica sobre a posible orixe da cada un dos nomes que conforman a microtoponimia tradicional de Chapela a partir da recollida realizada por Iván Sestay.

Arranca o texto cunha explicación sobre a posible orixe do propio nome da parroquia que segundo o investigador Gonzalo Navaza contén unha forma emparentada co substantivo común chapa, que na toponimia adoita designar pedras planas ou laxes.

A continuación vai recompilando os microtopónimos que podemos atopar nos cinco barrios da parroquia: Angorén, Cidadelle, A Igrexa, Laredo e Parada.

Salienta Pol a importancia deste tipo de traballos “recuperar estes nomes antes de que se esquezan é fundamental porque perder os topónimos é perder parte da nosa cultura, xa que nomean realidades propias do noso territorio e das súas xentes”.

María Pol

O libro –xunto con outros xa publicados e que recollen os topónimos das parroquias- pódense consultar na web de toponimia do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará