Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O sénior feminino do Campito Chapela lidera a liga en Segunda Autonómica

463903688_17947495571855013_6795910035104584843_n

O fútbol sala feminino está crecendo en Redondela e as de Chapela están demostrando a súa valía liderando a táboa xeral da liga en Segunda Autonómica.

 Ocupan o primeiro posto na táboa xeral con 16 puntos e 3 de diferenza co segundo posto que ocupan as mozas do Morrazo. Isto tradúcese en cinco partidos gañados das seis xornadas que van de tempada.

O último partido gañado tivo lugar a fin de semana pasada contra o E.F.B. Terra de Montes no Pavillón Municipal de Forcarei Paco Rubio. Gañaron de forma ampla cun resultado de 1-5. Nun espectacular comezo da primeira parte conseguiron marcar tres goles en sete minutos, o primeiro a tres minutos de que soara o asubío do árbitro. Mantiveron unha boa defensa e as rivais conseguiron colar un gol a falta dun minuto do descanso. Á volta, na segunda metade, continuaron con forza e aproveitaron a vantaxe para marcar outros tres goles nada máis entrar na pista.

A próxima xornada reciben ao Pecheches FS, novenas na clasificación xeral e unha boa oportunidade para seguir a senda da vitoria na casa.

Goleadoras: Eva (3’ e 29’), Irene (6’), Elva (7’ e 33’)

Primeira Autonómica

En primeira Autonómica o sénior feminino do Arealonga FS leva xogados tres partidos de liga e suman unha vitoria e dúas derrotas que as sitúa de sextas na táboa. A última xornada houbo descanso e o próximo domingo reciben ao Valladares no Pavillón Municipal de Chapela ás 17:45h. Unha boa oprotunidade de velas xogar na casa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará