Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo sénior das Choqueiras debuta na casa contra o Bueu

WhatsApp Image 2024-11-06 at 10.28.39

O club de balonmán As Choqueiras de Redondela  completou todas as categorías esta tempada, dende benxamín ao recentemente creado equipo sénior que debuta este sábado no Pavillón Municipal de A Marisma contra o Bueu ás 20.30 horas.

O equipo sénior está composto por 15 xogadoras e o adestrador é Julian Decu que ven de adestrar as cadetes e segue adestrando ao equipo de infantil masculino. A fin de semana pasada xogaron contra o BM Brigantium e a pesar de perder este primeiro partido, cun resultado de 43-37, dende a directiva a secretaria e coordinadora Deborah Bouzón asegura que “as sensacións son moi boas e están coñecéndose no campo, pois aínda teñen que adaptarse a xogar xuntas”. Con todo, seguirán loitando e auguran unha moi boa tempada.

“As sensacións son boas, imos sen medo a enfrontarnos ao Bueu”, Bouzón.

O obxectivo, segundo explica Bouzón, é ascender á Primeira Autonómica “ se non pode ser este ano será o seguinte”. Non teñen presa e van a bo ritmo, sempre con positividade e entendendo con empatía todo os problemas que se podan atopar polo camiño.

Agradecen aos patrocinadores, aos país e nais involucrados no club que son un gran apoio para o club e sen eles non poderían facer fronte aos gastos que supón un club en crecemento con máis de 120 fichas actualmente. “A Garina colaborou no segundo equipamento que é rosa mantendo as nosas cores. Agradecemos enormemente á panadería redondelán a súa aportación”, sinala a coordinadora.

“Agradecidos non, o seguinte”, Bouzón.

Animan á afección a achegarse o próximo sábado ao Pavillón Municipal de A Marisma para animar ás deportistas no seu debut na casa contra o Bueu.

Entrevista completa a Deborah Bouzón secretaria e coordinadora das Choqueiras de Redondela.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará