Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Coloquios, cine e teatro no I foro sobre a memoria histórica de Soutomaior

Imagen de WhatsApp 2024-11-07 a las 17.12.33_daff9395

O Multiúsos de Arcade acolle este venres 8 e sábado 9 dúas xornadas centradas na recuperación da memoria histórica poñendo o acento na necesidade de que as administración se involucren para achegar á cidadanía a memoria daqueles que loitaron polas liberdades. “Recuperar para construír” é o lema dunha iniciativa na que participarán avogados, historiadores, políticos e especialistas na materia.

O Foro, organizado pola concellería de Memoria histórica que preside Silvia Cernadas, arrancará coa apertura das exposicións “Acorda” e “Rexas” que se poderán visitar tanto o venres como o sábado entre as 17:00 e as 21:00 horas no salón de actos do Multiusos. O venres ás 20:00 horas levarase a cabo a proxección do documental ‘Acorda’ e posteriormente, ás 21:00 horas, terá lugar o coloquio ‘O papel das institucións públicas no proceso de recuperación’, no que intervirán o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo; o deputado no Parlamento galego Luís Bará; a ex deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega; e a deputada no Congreso español, Marica Adrio.

Xa o sábado, ademais de poder visitar ambas exposicións xa mencionadas, a compañía Os Quinquilláns representará a obra teatral ‘A señora de Forcadela’, centrada na vida de Josefa García Segret, mestra represaliada durante a época do franquismo. A continuación decorra o coloquio ‘Espertar a memoria’, no que participarán Montse Fajardo, xornalista  e escritora especializada en memoria histórica; Natalia Jorge Pereira, historiadora e autora do libro  ‘Abaixo as dictaduras’; Tero Rodríguez, directora de escena e actriz; e Xosé Álvarez Castro, historiador que analiza e  escribe sobre a represión na guerra e postguerra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará