Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous días de festa en Ventosela para celebrar o San Martiño

ventosela

Os veciños de Ventosela non queren deixar de conmemorar ao seu patrón e, malia que a comisión de festas desfíxose, a asociación de veciños colleu o relevo e dende hai catro anos encárgase de organizar as actividades que nesta ocasión prolongaranse durante dous días, o domingo 10 e o luns 11. Non faltarán os actos relixiosos, a música e o tradicional magosto con castañas asadas e viño de balde para todos os asistentes baixo a gran carpa que se instalará na área recreativa da Miñoteira.

Unhas festas patronais que arrancarán o domingo en horario de tarde con actuación a partir das 17:00 horas dos grupos  de Canto Coral A Raíña de Cedeira, o Grupo de Gaitas Meirrande, as pandereteiras de Cabeiro e o Grupo de Zumba Da Miñoteira.

A continuación o ritmo correrá a cargo do trío musicla 3.com e o Dj Anhell. Será tamén a partir de media tarde canto se celebre o magosto con castañas asadas e viño de balde para todos os asistentes.

Lourdes Castro, Asociación de San Martiño de Ventosela

Unha festa que se prolongará tamén durante a xornada do luns, día 11 e data na que se conmemora o San Martiño. Os pasarrúas soarán as dez da mañá, haberá actos relixiosos e ao rematar a procesión un pequeno concerto no adro da Igrexa a cargo da Banda de Música de Redondela. Pola tarde os protagonistas serán os cativos con xogos populares (buxainas, aros, sacos…) e actuación dos grupo Patrulla Canina e o repertorio de clásicos do rock en galego a cargo do grupo local Refugallo Rock.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará