Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Susana Villaverde gañadora do premio Xuventude Crea de teatro coa compañía Coidadobastón!

IMG_20241108_110119

A compañía teatral Coidadobastón!, da que é directora a redondelán Susana Villaverde, foi galardoada no certame Xuventude Crea 2024 que organiza a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pola función «Recordari».

O xurado outorgou o primeiro premio no apartado Pro ao grupo despois das representacións realizadas durante no Salón Teatro de Santiago. A obra “Recordari” é unha peza de teatro mudo de máscaras creado integramente polos membros da compañía con texto orixinal de Ezequiel Rodríguez e dirixido por Susana Villaverde e Sara Faro. “Recordari é unha peza familiar que transmite unha tenra mensaxe sobre o paso do tempo, a aceptación da morte e a necesidade de vivir con autenticidade”, explica Susana.

“Todo o da peza o fixemos nós”, Susana Villaverde.

O proxecto naceu na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD) na que estudan. O director da ESAD denominou a obra como “a nosa xoia estrela” e xa a levaron ao festival anual de todas as escolas de arte dramática de España, celebrado en Málaga, onde cultivou un gran triunfo. Apunta a directora redondelá a decisión de aproveitar o material que ofrece o centro, “porque unha obra coma esta require moito presuposto e non podiamos deixar escapar a oportunidade de facer algo completo, profesional e sobre todo arriscado”.

“A obra saíu de o obradoiro integrado da ESAD”, Susana Villaverde.

Os primeiros premios de cada unha das seccións están dotados de 2.000€. Ademais do incentivo económico, o certame ofrece a oportunidade de visibilización dos traballos presentados, ao que se suma a colaboración do Centro Dramático Galego, que poderá apoiar ás persoas ou compañías gañadoras no apartado Pro impulsando o lanzamento do seu proxecto artístico.

“Aínda estamos vendo as posibilidades da parte Pro do programa”, Susana Villaverde.

A obra está en proceso de mentorizaxe e concretando a promoción e as datas dunha posible xira que teñen a intención de ir anunciando pouco a pouco. Polo momento sabemos que os galardoados recibirán as distincións xunto co resto dos premiados nas distintas especialidades do certame, 16 en total, nunha gala final que terá lugar a mediados de decembro. A partir de ahí haberá que estar atentas e atentos ás redes sociais de Coidadobastón! para saber as datas e lugares nos que poderemos ver “Recordari”.

SINOPSE DE RECORDARI

A piques de falecer, a Anciá protagonista desta historia, esperta nun lugar que non recoñece: unha oficina que alberga os obxectos perdidos da súa vida. Isto provoca unha viaxe a través do pasado e das lembranzas.

Sinopse explicada por Susana Villaverde.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Susana Villaverde (@susana.villaverde_) e Sara Faro (@sarafaro__)

Texto de: Ezequiel Rodríguez

Máscaras, indumentaria e videoescena: Amelia Poyato (@amescenlia)

Escenografía: Maite Dubois (@maitedubois)

Iluminación: Maite Dubois e Amelia Poyato

Interpretación: Alba Lago (@_albalago), Noemi Pardo (@noemipardo_), Xía Rodríguez (@xiarodriguezz) e Carmen Villalustre (@car.villalustre)

Entrevista completa a Susana Villaverde.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará