Hoxe é Xoves 26 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inauguración da exposición “A casa que quero” no Multiúsos da Xunqueira

cass

A equipa de Inclusión Social da Fundación da Santa Cruz en colaboración coa asociación Lenda, inauguran este luns a exposición “A casa que Quero”, co obxecto de poñer o foco na realidade das persoas sen fogar e que sirva de inspiración para cambiar a percepción que temos, así como a de fomentar a inclusión social. Un total de 100 casiñas elaborada con papel maché que se poderán ver na sala de exposicións do multiúsos ata o día 17.

Nesta mostra, a arte participativa e a reivindicación social únense como ferramenta de cambio e sensibilización. A Fundación da Santa Cruz é unha entidade social situada no barrio vigués de Teis, comprometida coa protección e apoio das persoas que viven en situación de exclusión social, así como coa promoción da súa integración social e independencia persoal. A través desta exposición e doutras actividades de sensibilización, convidan a reflexionar sobre a necesidade de dar oportunidades e visibilidade as persoas sen fogar.

Esta exposición de arte colaborativa está integrada por 100 casas de papel maché, realizadas por residentes da fundación e participantes de diversas entidades sociais como o Hospital Álvaro Cunqueiro, Cogami, o Centro de Día Atalaia, Lenda o alumnado do ciclo de Integración social do Colexio Plurilingüe San José de la Guía, ten a honra de presentar a cuarta edición da exposición “A Casa que Quero”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará