A SAR OPmobility perdía na súa visita ao Lavadores, mentres que o sénior masculino do BM Chapela caía derrotado contra o Luceros no Pavillón Municiopal Manuel González Soto.
UB LAVADORES – SAR OPMOBILITY (27-23)
En redes sociais describen partido como “moi disputado desde o inicio”. Ambos os equipos mostraron unha intensidade elevada, o que se reflectiu no marcador axustado ao termo da primeira metade (14-13).
Ao longo do partido, os mozos da SAR mostraron un bo xogo, con accións defensivas destacadas e unha circulación de balón efectiva. Con todo, a falta de precisión nalgúns lanzamentos a portería acabounos penalizando. Isto fíxose máis evidente no últimos cinco minutos, cando o contador reflectía un axustado 22-21 a favor do Lavadores.
Finalmente, o equipo local soubo aproveitar as súas ocasións nos minutos finais, marcando unha serie de goles que estableceron o resultado definitivo de 27-23. Pese ao esforzo e a entrega mostrada, os de Redondela vironse superados nos momentos cruciais, deixando unha sensación amarga “de que o marcador non reflicte por completo a intensidade e o esforzo dos nosos durante todo o encontro”.
A próxima xornada xogan na casa, no Pavillón Municipal de A Bomboneira”, contra o Poio Artai. Un enfrontamento crucial , pois o rival está situado de segundos na táboa xeral e a só dous postos dos da SAR.
BM CHAPELA 1 – LUCEROS B (36-40)
O equipo sénior do BM Chapela enfrontouse na casa ao Luceros B esta fin de semana na liga de Primeira Autonómica. Caeron derrotados no Pavillón Municipal Manuel González Soto despois dunha primeira metade na que tentaron dar todo no campo, pero que na segunda non estiveron tan acertados. Dende a directiva explicaron en redes sociais que “fóronse inexplicablemente do xogo, xa que na segunda o equipo non deu coa tecla da concentración”.
O BM Chapela mantense na metade da táboa e seguen adiante. A próxima xornada visitan ao Granitos Ibéricos Carballal, equipo na parte baixa da clasificación.