A serie, na que se narra a historia de Xoana, Antía e Catu, tres compañeiras da piso interpretadas por Lara Álvarez, Carmela Vázquez e Camila Ferreyra, foi un éxito tanto entre o público xuvenil galego como entre a crítica nacional. Dende o 6 de novembro xa se pode ver en AGalega a súa primeira tempada. A CRTVG decidiu renovar unha segunda entrega de Pringadas que estará dispoñible na súa plataforma cada mércores a partir do 13 de novembro.
A actriz Lara Álvarez (Redondela, 1999) é unha das tres protagonistas de Pringadas, a webserie escrita e dirixida por Belén Puime (A Coruña, 1998). Lara naceu en Chapela e é graduada da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo.
Ela interpreta a Catu xunto a Camila Ferreyra (Buenos Aires, 2000) como Antía e Carmela Vázquez (A Coruña, 2003) como Xoana. Ao longo da serie coñecemos a historia destas tres compañeiras de piso que se apoian, cometen erros e perden os nervios ao tentar sobrevivir a ese “espazo baleiro” que hai entre a adolescencia e a vida adulta.
Deste o 6 de novembro xa se pode ver en AGalega, a plataforma da CRTVG, a primeira tempada de Pringadas. Este proxecto fíxose co Premio a proxecto do Carballo Interplay 2021, e despois da súa estrea gañou o premio Mellor Serie Galega no mesmo festival. Tamén foi finalista dos premios Mestre Mateo do Audiovisual, foi nomeada a Mellor Serie Española.
A segunda entrega de Pringadas está producida por Brava para a CRTVG, a cal estará dispoñible tamén na súa plataforma cada mércores a partir do 13 de novembro. Nela poderemos ver unha continuación dos temas que plantexou a primeira parte, como son a sexualidade, os coidados ou as ITS. Este pasado mércores 6 de novembro tivo lugar a presentación da nova tempada nun evento que encheu o aforo Igrexa da Universidade, no cal se inroduciron os temas que se poderán ver nesta nova entraga, así coma un coloquio co equipo da serie e o paso por un photocall.