Os feitos producíanse ao redor das 14:30 horas deste martes cando o tractor que conducía un veciño de Asnelle de Arriba de 77 anos de idade, envorcou quedando a persoa atrapada baixo o vehículo. O ferido foi trasladado en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro onde quedou ingresado en estado grave.
Era a propia filla do accidentando quen alertaba ao 112 Galicia pasadas as dúas e media da tarde de onte. Segundo indicaba o home ía conducindo o tractor cando envorcou quedando o condutor atrapado baixo o vehículo. Nada mais recibir o aviso dende a sala de operacións do 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, a bombeiros de Porriño, GES de Mos e aos axentes da Policía Nacional e Policía Local así como aos efectivos de Protección Civil.
Unha vez no lugar e con axuda da veciñanza os equipos de emerxencia lograron liberar ao home de debaixo do tractor, sendo trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.