A proposta cómica e científica a un tempo poderá verse este domingo 17 ás 18:00 horas con entrada de balde. Unha combinación de humor e divulgación científica que busca entreter e aprender e que chega ao Multiúsos da Xunqueira da man da Federación de Anpas de Redondela.
A actriz cómica Arantxa Treus sorprenderá aos asistentes con sketches de humor onde se intercambian os roles: ela será a adolescente e os mozos e mozas farán de pais e nais! Humor, empatía e moita improvisación para conectar co público máis novo.
O seu contrapunto será a divulgadora científica Leticia Costas, quen aportará unhas píldoras de ciencia para explicar as condutas de Arantxa e dará ferramentas aos asistentes para coñecerse e entenderse mellor.
A Federación de ANPAs de Redondela busca, con esta actividade, promover valores de empatía e igualdade, e fomenta unha corresponsabilidade entre pais, nais e fillos/as, nunha actividade que achega ciencia e humor de maneira fresca e participativa.