Hoxe é Martes 19 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS é o novo líder en Preferente

redondelafs

A vitoria desta fin de semana ante o Beade Copefri permite aos de Redondela ascender ao máis alto da categoría. No outro lado da balanza atopamos ao Arealonga situado como pechacancelas do grupo, mentres que o Campito tenta manterse nos postos medios da táboa. Na terceira División o Pazos de Borbén continúa nos postos altos da categoría logo do empate desta fin de semana.

Rábade 3-3 SD Pazos

O Pazos de Borbén foi quen de sumar un punto nun partido no que tiveron ocasión de moto máis pero que rematou en táboas ante o Rábade. 3-3 foi o resultado do partido no que os de Matilla a piques estiveron de perder a catro minutos do final, o que lles obrigou a dalo todo para lograr o empate final.

Na vindeira semana o Pazos, dende unha cómoda cuarta posición, reciben ao pechacancelas do grupo, o Praias de Barreiros C.D.

Redondela fs Rodavigo 4-2 Beade Copefri

En Preferente temos que  falar de dúas vitorias e unha derrota. Vitoria especialmente salientable a que acadou o Redondela Rodavigo que lles permite situarse no máis alto da clasificación. Deberán defender o seu liderado na vindeira semana no campo do Vianariño, equipo situado tamén nos postos altos da táboa.

Campito Chapela 3-1 Pecheches

Vitoria tamén para o Campito Chapela ante o Pecheches. A próxima cita vainos levar ao campo do Abetos Gondomar.

Baiña 9-1 Arealonga

Moito peor lle van as cousas ao outro equipo da parroquia, o Arealonga. Derrota esta fin de semana que os sitúa no último posto da clasificación. Tentarán rabuñar algún punto de cara a próxima cita, un partido que disputarán na caso onde reciben ao Vincios Gondomar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará