O Centro de Formación da Marisma acolle este martes día 19 unha xornada informativa para dar a coñecer o Programa Integrado de Emprego do Concello dirixido a persoas en situación de desemprego. Os e as candidatas terán opción de acceder a algunha das 100 prazas disponibles sempre e cando estean inscritas como demandantes de emprego e estean empadroadas en Redondela.
Ao longo dos meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación inclúe prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego reciben ofertas de traballo emparelladas co seu perfil. Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia ás accións do programa.
O programa, cunha duración inicial dun ano, ten como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral dos participantes. A iniciativa céntrase en promover a inserción laboral e a mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego. Está dirixido a persoas desempregadas, con prazas reservadas especialmente para parados con discapacidade, persoas e risco de exclusión social, menores de 30 anos con ou sen cualificación, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestacións e subsidios e mulleres en paro.
As persoas interesadas poden solicitar toda a información no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro número 6 –ao carón da Piscina Municipal- e nos teléfonos de contacto 986 40 83 88 e 604 035 909 ou a través do enderezo electrónico per@redondela.gal. Tamén poden facelo na Oficina de emprego de Redondela do Servizo Público de Emprego de Galicia que lles corresponda, solicitándolle na súa demanda o servizo de “Programas Experimentais (930)”. A xornada comezará ás 10.00 horas e os asistentes deberán a súa vida laboral actualizada, demanda de emprego (DARDE) e currículum vitae.
O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración cunha subvención de 220.000 euros e co cofinanciamento do Concello de Redondela cunha achega de 36.000 euros.