Hoxe é Martes 19 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós denuncia un novo ataque ao patrimonio arqueolóxico de Monte Mirallo

mámoa

A Asociación detectou que se realizaron recentemente obras de reafundimento de cunetas laterais da estrada que atravesa o gran campo de mámoas de Chan da Cruz en Monte Penide-Mirallo. Unha actuación que segundo denuncian tería danado os túmulos de tres das mámoas existentes á beira da estrada.

Explican dende a Asociación que a estrada actual foi o resultado do asfaltado da pista forestal de terra realizada pola Deputación de Pontevedra a finais dos anos 90 “sen ningún tipo de control arqueolóxico nin impacto ambiental”. Engaden que naquel momento, este asfaltado xa provocara unha importante agresión en varias masas tumulares das mámoas máis próximas ao trazado, sobre todo da principal mámoa de Monte Mirallo: a denominada Mámoa do Rei, antigo monumento funerario dos máis importante e representativos da rexión sur da provincia e catalogada como Ben de Interese Cultural.

Alén Nós denuncia que ante as chuvias do outono, realizouse outra intervención ao longo desta estrada que “consistiu en reafundir a cuneta a ambos os lados da estrada ao longo de toda a Chan da Cruz, onde se atopa un conxunto megalítico composto por 36 mámoas”.

Estas gavias afectaron os túmulos de tres das mámoas existentes á beira da estrada. Entre as afectadas está a mámoa situada a 40 metros ao sur da mámoa do Rei. Esta mámoa xa presentaba un importante corte na masa tumular provocado polo asfaltado da pista forestal e a creación da cuneta lateral. Aínda conserva dous ortóstatos que formaban parte da cámara funeraria.

Tamén se viu afectada a mámoa situada a 120 metros ao sur da mámoa do Rei. Ten un diámetro de 14 metros e unha altura de 70 centímetros. Aseguran que resultou moi danada polo asfaltado da pista forestal, coa perda dunha importante cantidade de masa tumular. Ao mesmo tempo, esta mámoa tamén presenta sobre o túmulo un poste sinalizador de cable soterrado de telefonía e unha tampa superior de perforación dun sumidoiro.

Finalmente unha terceira de 13 metros de diámetro e 1 metro de altura da que aínda se conserva un ortóstato de 60 cm de anchura no seu interior que formaba parte da cámara funeraria

Alén Nós trasladaron xa estes feitos ao Concello de Redondela e reclaman que o se envíe persoal especializado en arqueoloxía para a inspección dos túmulos afectados, así como das gavias reafundidas, por se aparecerse algún material sensible de ser catalogado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará