O voceiro nacionalistas Xoán Carlos González acusa ao “goberno de Digna Rivas de discriminar esta parroquia ao ser a única na que non se convocou o Consello Parroquial” e reclaman que so 15.000 euros que se destinan aos orzamentos participativos se invistan na eliminación de barreiras arquitectónicas na antiga escola de Saxamonde.
Os nacionalistas denuncian que de non investirse estes cartos “a partida económica que se destina aos orzamentos participativos manterase dentro dos gastos ordinarios municipais” algo que cualifican de “chanchullo”. Ante esta situación reclaman que esa cantidade –unha partida de 15.000 euros- se destine á mellora da accesibilidade da Antiga Escola de Saxamonde, un edificio emblemático da parroquia propiedade municipal na que se realizan diversas actividades a través da Asociación de Mulleres Arela.
Un edificio que pola súa ubicación impide que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder ao mesmo, polo que dende o BNG entenden que é preciso realizar as obras que sexan necesarias para suprimir estas barreiras arquitectónicas de xeito inmediato e acabar con esa discriminación.
Entenden que a partida dos orzamentos participativos “da que dispón o concello e que debería investirse ante de rematar o ano” podería destinarse a sufragar esta actuación.