Hoxe é Martes 19 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior conclúe o arranxo de sete parques infantís

souto parques

A actuación, enmarcada dentro da primeira fase do arranxo dos parque infantís municipais, realizouse nos parques infantís do Peirao, da Feira, da Devesa, da Veiguiña Longa, de Aranza, de Moreira e da Lamela. Este proxecto levouse a cabo grazas a unha subvención de 45.000 euros procedente do Plan +Provincias da Deputación de Pontevedra.
A primeira fase de remodelación do espazos de xogo dos máis cativos levouse a cabo logo de realizar unha auditoría sobre estes parques co obxecto de coñecer os danos que presentaba cada un deles e deseñas as actuación máis axeitadas. Unha vez feito este traballo e obtida a subvención do plan +Provincia da deputación por un importe de 45.000 euros encargouse a remodelación dos parques á empresa Bricantel baixo a dirección de obra de INfourban.
Nesta primeira fase de recuperación dos parques infantís actuouse nas zonas de xogo do Peirao, da Feira, da Devesa, da Veiguiña Longa, de Aranza, de Moreira e da Lamela co obxecto de poñer a punto cada un deses espazos así como avanzar na inclusividade, adaptándoos para que calquera menor, sexa cal sexa a súa diversidade funcional, poida gozar de maneira autónoma dos seus elementos.
O alcalde, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, visitaron os parques infantís xa arranxados e insistiron en que esta remodelación continuará nunha segunda fase para que “os dezaoito parques infantís cos que contamos no noso concello e que levan anos nun estado de deterioro inadmisible, sexan recuperados no menor tempo posible, preservando así a seguridade das nenas e nenos e a mellora das instalacións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará