Os equipos locais de Primeira Autonómica conseguiron sumar puntos esta fin de semana para seguir subindo na táboa xeral. En concreto, os mozos da SAR empataron contra o Poio Artai e o BM Chapela conseguía vencer ao Carballal .
SAR OPMOBILITY – POIO ARTAI (33-33)
As redes sociais da SAR xa mostran a crónica do partido na que salientan que “o noso equipo levou o peso do encontro desde o inicio, mostrando solidez e bo xogo”. Ao descanso, conseguiron unha vantaxe de 20-17, aproveitando a súa efectividade en ataque e unha defensa compacta. Na segunda metade, os locais lograron ampliar a diferenza a un 27-22 que parecía dar tranquilidade. Con todo, nos minutos finais o Poio Artai recortou distancias ata igualar o marcador e conseguiu empatar o partido.
Un resultado que deixa a ambos os equipos cun punto nun duelo marcado pola intensidade e a loita constante. Desta forma, a SAR OPmobility sitúase de terceiro con nove puntos.
A próxima fin de semana vivirán importante encontro fronte a outro rival directo, o Atlético Novás.
CARBALLAL – BM CHAPELA (21-30)
O equipo sénior masculino do BM Chapelaconseguiu unha moi boa vitoria fronte o Carballal que, segundo as redes sociais “lles vai dar confianza e vai permitir adestrar con tranquilidade nesta semana”. Con este resultando suman dous puntos e sitúanse de sextos na táboa xeral.
O próximo sábado reciben ao Distevi Seis do Nadal-Coia, líder actual da categoría, no Pavillón Municipal Manuel González Soto.