A sexóloga do gabinete Amaturi será a encargada de impartir o obradoiro “Educando na era dixital: sexualidade e as novas tecnoloxías”, dirixido a familias de adolescentes e púberes e que se vai desenvolver este mércores 20 ás 19:00 horas no IES de Chapela. A actividade, organizada pola Federación de e subvencionada pola Xunta de Galicia e a Consellería de Igualdade, busca ofrecer ferramentas para afrontar temas como a seguridade en internet, a privacidade, o sexting ou o uso de recursos educativos en liña.
Os tempos cambian e os nenos e nenas de agora contan cunha fiestra aberta ao mundo como é a internet que non existía cando os seus país e nais tiñan a súa idade. Estamos a falar de adolescentes que naceron practicamente cun móbil na man, mozos e mozas de 14, 15, 16 anos que se relacionan a través das redes, que crean a súa identidade a través do que publican e dos likes que reciben e que viven tamén a súa sexualidade dun xeito diverso… unha nova vía de comunicación que leva aparelladas vantaxes pero que non está exenta de riscos.
Manterse ao marxe non é unha opción para pais e nais porque non se pode vivir de costas á realidade. Ante esta situación o mellor é informarse, aprender e coñecer os recursos dos que disponemos á hora de minimizar riscos. Recursos dos que se vai falar neste obradoiro a sexóloga Débora Baz.
Este obradoiro representa unha oportunidade para que as familias aprendan a guiar os seus fillos e fillas fomentando boas experiencias dixitais e previr situacións de risco na rede fomentando a educación emocional, o pensamento crítico e a boa comunicación nas familias pero tamén ofrecendo ferramentas para afrontar temas como a seguridade en internet, a privacidade, o sexting ou o uso de recursos educativos en liña, como poidan ser os programas de control parental
Unha actividade presencial que será tamén unha oportunidade para que as familias poidan poner experiencias en común e coñecer solucións a cada unha das problemáticas que presenten.