O Redondela FS vén de anunciar a convocatoria para a selección galega dos seus xogadores Nico Cuello do Xuvenil División de Honra “Rodavigo” que xogará na selección sub19 e Adrián Vallejo do Cadete Galega “Maramar” que xogará coa selección galega Sub-16.
Burela e albergarán a primeira fase do Campionato de España sub 16 e sub 19 masculino de fútbol sala. Os pavillóns de Vista Alegre, en Burela, e o de Viveiro acollerán durante cinco días ao presente e futuro do fútbol sala nacional que terá lugar do 20 ao 24 de novembro na Mariña. Os dous deportistas redondeláns terán a oportunidade de enfrontarse ao mellor de España e concretamente o combinado conta coas seleccións de Castela León, Castilla-La Mancha, Navarra e Cataluña.
A RFEF volveu a depositar toda a súa confianza na RFGF, onde se atopan os nosos xogadores que vivirán cinco días emocionantes e onde aprenderán moito do bo facer na pista dos profesionais e compañeiros.