O pequeno espazo expositivo ás portas da Discotaska na rúa Pai Crespo acolle durante este mes de novembro e decembro unha obra do artista Manuel Xío Blanco que leva por nome “Bivalvo en folga de fame”.
A obra de Xío Blanco vincúlase principios da arte povera, un movemento que xurdiu en Italia nos anos 60 e 70 como unha resposta aos materiais e prácticas tradicionais da arte. En Bivalvo en folga de fame, Xío Blanco emprega materiais cotiáns que aluden á natureza, á fraxilidade e á resistencia. A súa escultura invita á reflexión sobre a coexistencia e o impacto ambiental, suxerindo unha postura simbólica de “folga” ou resistencia por parte do contorno natural fronte ás intervencións humanas. Este enfoque é característico dos plantexamentos povera, nos que a obra mesma parece fundirse e dialogar co espazo, rompendo coa monumentalidade tradicional da escultura.
Convidámoste a descubrir Bilvalvo en folga de fame na Sala Mínima Expresión, un espazo que respecta e amplifica as ideas de intimidade e sinxeleza que caracterizan tanto a obra de Xío Blanco coma o espírito da arte povera.