A nova sinalización afecta aos arredores do Centro de saúde, a praza do concello, o parque infantil e os arredores do Colexio Curros Enríquez. Dende o goberno local salientan a iniciativa promovida dende a Asociación Española Contra o cancro que busca protexer a saúde todos e todas, especialmente dos máis cativos. Estes espazos queren concienciar sobre a importancia de hábitos saudables e desnormalizar o uso do tabaco en lugares públicos.
Reducir o impacto do cancro pasa por reducir o impacto do tabaco, xa que é o causante do 30% de todos os casos de cancro e de 20 tipos distintos. E reducir o impacto do tabaco pasa por reducir os lugares nos que a poboación se ve exposto a el e, sobre todo, os menores.
Con este obxectivo, a Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra promove a iniciativa “Espazos Sen Fume” no Concello de Pazos de Borbén que loce xa a sinalización que establece catro zonas exteriores libres de fume neste municipio: os arredores do Centro de Saúde de Pazos de Borbén, a Praza do Concello e os arredores do Parque Infantil e do C.P,I. Curros Enríquez.
A localidade súmase así a esta iniciativa coa que pretende contribuír a concienciar á cidadanía dos riscos de fumar e as súas consecuencias na saúde. Esta iniciativa supón unha prohibición de fumar, sen sanción, nas zonas que están sinalizadas.