Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigados dous veciños de Redondela por conducir co carné retirado

carne

Os condutores, dous homes de Reboreda e Chapela foron postos a disposición do xulgado de garda de Redondela para a celebración dun xuízo rápido. Serán xulgados por un delito contra a seguridade viaria.

A Policía Local de Redondela interviu na xornada de onte en dous casos semellantes. O primeiro tiña lugar pola mañá cando os axentes observaron a un veciño de Reboreda de 53 anos conducindo un vehículo malia non contar co permiso dende que no 2022 lle fora retirado por conducir superando a taxa de alcohol ao volante.

O segundo dos feitos producíase ás 4:50 horas da tarde en Chapela. neste caso os axentes sorprendían a un veciño da parroquia na baixada a San Telmo, estrada que conduce á praia de Arealonga, tamén ao volante cando o condutor ten en vigor unha suspensión  temporal do seu permiso ata febreiro do ano 2025.

Ambos casos foron postos en coñecemento do xulgado de garda en funcións de Redondela para celebración de xuízo rápido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará