Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos non asistirá ao pleno municipal pola “actitude antidemocrática do alcalde”

bng pazos

Os nacionalistas acusan a Luciano Otero de manter unha actitude de “desprezo cara os principios básicos de participación democrática” ao convocar o pleno ordinario hoxe luns 25 de novembro cando está establecido que “os plenos ordinarios se celebrarían os últimos mércores de cada dous meses”. Neste sentido aclaran dende o Bloque que non todos os membros da corporación teñen unha dedicación exclusiva e teñen que atender aos seus respectivos compromisos laborais.

O voceiro do BNG, Xurxo pardo Besadío explica que o punto da orde do día referido á modificación de crédito é especialmente grave, xa que non foi negociado nin debatido co BNG malia que o alcalde –en minoría- precisa de negociar para sacar adiante calquera iniciativa no pleno o apoio doutros grupos. Asegura que a actitude do alcalde é “déspota, de desprezo polos principios democráticos, e a súa falta de vontade para dialogar confirman que a súa liña política é a mesma que a do Partido Popular”.

Lamenta ademais que a ausencia do BNG deste pleno impedirá que se poidan debater dúas mocións presentadas por esta formación “unha sobre o 25N e outra para declarar Pazos de Borbén libre de liñas de alta tensión e eólicos”.

Por último, destacan de que non é moral convocar un pleno ordinario á mesma hora e mesmo día que as mobilizacións en contra da violencia de xénero. Luciano Otero actúa unilateralmente, impedindo unha participación efectiva e excluíndo deliberadamente aos representantes do BNG e, con eles, aos seus votantes.

Instan ao goberno local que “respecte os acordos plenarios, negocie cos grupos municipais e cumpra coas normas básicas de convivencia democrática. O noso concello merece un goberno transparente, dialogante e respectuoso coa pluralidade política, algo que, lamentablemente, Alternativa Veciñal está lonxe de garantir”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará