Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba o orzamento máis alto da súa historia de máis de 5,6 millóns de euros

Imagen de WhatsApp 2024-11-22 a las 13.50.17_d2a11481

O pleno de Soutomaior aprobou cos votos a favor do goberno e os votos en contra do PP o seu orzamento municipal de 5,67 millóns de euros. O orzamento é un 20% máis alto que o último presentado polo anterior equipo de Goberno en 2023, cando as contas muncipais eran de 4,8 millóns de euros.

Na súa intervención, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “estes orzamentos son históricos, ademais de pola súa cantidade, tanto pola forma como polo seu contido. Na forma por estaren presentados respectando os prazos marcados pola lei, e no contido porque son os orzamentos máis sociais da historia de Soutomaior, cun incremento do 20% nas partidas destinadas á promoción e protección social”.

Destacou tamén que o documento recolle a importante aposta do Goberno polo desenvolvemento económico do municipio “con partidas destinadas especificamente á promoción e desenvolvemento da economía local que busca converter este concello nun referente no ámbito da captación de visitantes e fomento do consumo na hostalería, restauración e comercio local”.

Puxo o foco ademais no incremento de partidas destinadas a investimentos, que ascenderán a preto de 400.000 euros de fondos propios que, sumados aos fondos procedentes doutras institucións, permitirá investir un millón e medio de euros en actuacións e obras.

Salientou ademais que por segundo ano consecutivo o orzamento conxela as taxas e impostos municipais, agás aqueles que son un imperativo legal, como é o caso do lixo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará