O Programa Integrado de Emprego ofrece 100 prazas orientadas a persoas en paro para recibiren un ano de clases teóricas e prácticas, orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. As persoas interesadas en participar están convocadas a unha reunión que se celebra este martes 26 ás 10.00 horas no Centro de Formación A Marisma. A día de hoxe quedan prazas vacantes para persoas desempregadas menores de 30 anos de idade.
O programa ten como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral doa participantes. A iniciativa céntrase en promover a inserción laboral e a mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Redondela. Está dirixido a persoas desempregadas, con prazas reservadas para diferentes colectivos pero a día de hoxe só quedan prazas vacantes para persoas desempregadas menores de 30 anos de idade. Este martes, día 26, celebrarase unha reunión informativa ás 10.00 horas no Centro de Formación A Marisma, ao lado da piscina municipal, aberta a todas as persoas que desexen participar. Os únicos requisitos para poder participar no programa son estar inscrito como demandante de emprego e estar empadroado no Concello de Redondela.
Ao longo dos meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego participantes reciben ofertas de traballo emparelladas especificamente co seu perfil.
O programa conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar, e todas as persoas que participen terán dereito a unha bolsa de 10 euros por día de asistencia. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto 986 40 83 88 e 604 035 909 ou a través do enderezo electrónico per@redondela.gal. Tamén poden facelo na Oficina de emprego de Redondela do Servizo Público de Emprego de Galicia que lles corresponda, solicitándolle na súa demanda o servizo de “Programas Experimentais (930)”.
O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración cunha subvención de 220.000 euros e co cofinanciamento do Concello de Redondela cunha achega de 36.000 euros.