Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A violencia dixital eixe reivindicativo no acto institucional do 25N

5fb614f6-4d90-439c-a075-9a2480370562

O acto institucional do día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, 25 de Novembro, tivo lugar hoxe na Praza do Concello a partir das 12.00 horas coa lectura da Declaración Institucional e a presenza de representantes de todos os grupos da corporación. Participaron no acto o alumnado dos centros escolares e Centros de Día de Redondela, xunto coas distintas asociacións colaboradoras do Concello como Andaina, Lenda ou Cogami que decoraron a ‘porta violeta’ – emblema deste ano xunto co lema “sempre hai saída”- con frases contra a violencia machista que traballaron ao longo do mes.

Abriu o acto a Concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, cun discurso no que lembrou os demoledores datos do 2024. “Son 41 mulleres asasinadas no que vai de ano e catro delas en Galicia”.

A edil deu aso a declaración institucional que leron a veciña Mar Núñez e Patricia, como representante de Lenda Saúde Mental. No discurso recalcaron a trata de seres humanos,  a violencia dixital e as redes sociais como fiestras abertas das nosas vidas co perigo que conlevan. “Ao concello de Redondela preocúpalle o alarmante aumento de violencia machista dixital exercida coa Intelixencia Artificial na que se utilizan imaxes persoais para crear pornografía e a violencia económica ou vicaria”.

“Mentras persista a violencia patriarcal non conseguiremos unha sociedade xusta”, Mar Núñez.
“As mulleres con problemas de saúde mental son dobremente vulnerables”, Patricia de Lenda.

Andaina tamén deu voz ao discurso no que avogaron por “derribar muros indivisibles e  tecer redes de apoio e de confianza”.

Andaina.

A declaración institucional rematou  lembrando o lema deste ano- “Sempre hai saída”. Este busca ser unha porta aberta a liberdade, unha alegoría para que as vítimas busquen axuda non so nas institucións, senón na súa contorna e familia. ”Creemos na necesidade da prevención da violencia de xénero e a detección das novas formas de violencia dixital”.

“Sempre hai saída”, Mar Núñez.

A escritora Arancha Nogueira e a artista Neves Seara realizaron unha simbólica performance na que reflicten as ataduras e dor que sofren as mulleres vítimas da violencia machista e da que poden saír con axuda. Esta intervención artística pretende ser un berro “polas que non poden falar”.

Pechou o acto a alcaldesa Digna Rivas quen despois de dar as gracias ás asociacións e institucións colaboradoras, fixo unha reivindicación como portavoz do grupo de goberno. “A violencia machista existe e non retrocede, as cifras son alarmantes e sobre todo entre a mocidade. Só remataremos con este tipo de violencia traballando xunto as administracións, o poder lexislativo,  o xudicial, a fiscalía xeral do estado, as forzas e corpos de seguridade, as organizacións sociais, medios de comunicación e o conxunto de toda a sociedade”.

“É un problema de todas e todos e debe ter resposta de todos e todas”, Digna Rivas.

Un gran lazo humano violeta encheu a praza do Concello como símbolo da loita contra a violencia machista. Participaron escolares do CEP Santa Mariña e usuarios e usuarias de Lenda, Andaina, Cogami, Cruz Vermella Redondela e centros día Cortizos e Cesantes, ademais de grupos políticos e veciñanza en xeral.

A Asociación Paxaretas de Redondela convoca hoxe unha manifestaicón  ás 20:00h na praza do Concello con motivo do 25N. Ademais, a programación do do Concello de Redondela remata este xoves 28 de novembro, cunha  xornada dedicada aos máis cativos coa lectura do contacontos “Aitana e a avoa, e outros contos violetas” no Multiusos do Piñeiral ás 18.30 horas a cargo de Soraya Lema para as crianzas de máis de tres anos.

Recursos para as vítimas

A porta violeta e o lazo humano foron unha proposta dos Servizos Sociais Municipais que se sumou á programación do CIM. Lembrar que o Centro de Información á Muller de Redondela é un recurso que está a disposición de todas as vítimas de violencia machista. O 016 é o teléfono de información e asesoramento para casos de violencia de xénero. É gratuíto e non se reflexa da factura telefónica, pero é necesario borralo do historial de chamadas do terminal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará