Foto de Patry Rivas
A SAR OPmobility levou unha vitoria axustada ante o Valinox Novás B nun partido moi disputado no Rosal, xa que o equipo son rivais directos nos primeiros postos da táboa.
VALINOX NOVÁS B – SAR OPMOBILITY (26-28)
O equipo local comezou forte, aproveitando o seu ritmo en ataque para liderar durante toda a primeira metade, que finalizou cun 14-12 ao seu favor. Aínda que algo errático en defensa, mantivo opcións grazas á súa constancia ofensiva. Na segunda parte, a SAR OPmobility reverteu o marcador grazas a un bo xogo en ataque, movendo o balón con fluidez e aproveitando as súas oportunidades. Con todo, o equipo non conseguiu demarcarse no marcador debido ao escaso acerto cara portería, algunhas perdas de balón innecesarias e unha defensa que concedeu demasiadas facilidades. A pesar destas dificultades, souberon manter a calma nos instantes decisivos para asegurar a vitoria.
Gracias a esta vitoria superan ao Valinox Novás B e sitúanse de terceiros, deixando a estos de cuartos na táboa. A próxima xornada visitarán a pista do actual líder de Primeira Autonómica, o Seis do Nadal Coia.
BM CHAPELA – SEIS DO NADAL (27-31)
O sénior masculino caeu ante o Seis do Nadal no Pavillón Municipal Manuel González Soto de forma axustada, tendo en conta que o rival é o gran favorito da tempada. Os de Chapela nunca se deron por vencido e deron a cara en todo momento.
Sitúanse na metade da táboa e e próxima xornada volven xogar na casa contra o BM Linea21 Lignum Plus, terceiros pola cola na clasificación xeral e unha boa oportunidade de sumar.