Visita produtiva das mozas da SAR Rodavigo a Madrid, na que puideron sumar e afianzar o noveno posto na táboa xeral en DHPF. Non tiveron tanta sorte as mozas do Balonmán Chapela que caían derrotadas ante o carballal na liga de primeira Autonómica.
División de Honra Prata Feminina
BALONMÁN LEGANÉS – SAR RODAVIGO (32-33)
Durante a primeira metade, o equipo mostrou un bo nivel de xogo, logrando manter o control do marcador cunha vantaxe de 12-15 ao descanso. Aínda que o rival tentou varias veces reducir a distancia, o equipo mantivo o seu ritmo e soubo manexar a situación, mostrándose firme nos momentos máis complicados. Na segunda metade, o Balonmán Leganés reaccionou e estivo preto de dar a volta ao marcador, pero as mozas da SAR non perderon a compostura. A pesar dalgunhas dificultades defensivas e a presión do rival, o equipo soubo administrar os minutos finais para levar unha vitoria crucial pola mínima.
A próxima xornada vivirán un emocionante derbi galego no Pavillón Municipal de A Bomboneira fronte ao Asmubal Meaño, segundas na clasificación xeral e un rival forte.
Primeira Autonómica
CARBALLAL – CIES OBRA CIVIL BALONMAN CHAPELA (24-20)
As sénior femininas do Balonmán Chapela caeron derrotadas na pista do Carballal nun encontro no que non tiveron opcións ata o tramo final (24-20). Continúan de pechacancelas na categoría e a próxima fin de semana reciben ao Seguros M Vieito BM Xallas.
Segunda Autonómica
AVATEL BALONMAN TUI – AS CHOQUEIRAS PASTORIZA ( 39-27)
A próxima xornada hai derbi e as Choqueiras de Redondela enfrontaranse á SAR Bluenewables.