O campamento está destinado a nenos e nenas de 3 a 11 anos e funcionará dende o 23 de decembro ata o 3 de xaneiro con catro horarios diferentes. Como novidade, o goberno local oferta tamén alternativas orientadas a rapazada de 12 a 16 anos.
A Concellería de Igualdade pon en marcha o programa Espazo Concilia de Nadal destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias de Soutomaior.
Un programa, que conta con 50 prazas, e que vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de entre 3 e 11 anos de idade. Este ano, como novidade, tamén polo Nadal se oferta outro espazo concilia con actividades destinadas e concretas para mozas e mozos de 12 a 16 anos.
O horario deste Espazo Concilia de Nadal, para todas as idades, é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h . Polo tanto existen 4 horarios a escoller: opción 1: de 9 a 14 h. ; opción 2: de 8 a 14 h.; opción 3: de 8 a 15 h.; opción 4: de 9 a 15 h.
En relación ás inscrición e a asignación de prazas: a inscrición das solicitudes pode facerse dende o martes 26 de novembro ás 10:00 h. en liña a través da páxina webgabinetesoutomaior.com. Inscricións que estarán abertas dende o 26 ata o 9 de decembro ás 14:00h.
O Campamento desenvolverase do 23 de decembro ao 3 de xaneiro no edificio do Centro de Benestar Integrado (Multiúsos).